© 2019 by Tremendo Audiovisual. Todos os dereitos Reservados.

Oh! Ayatollah

Producido e gravado por Hevi Malandrómeda nos composteláns estudos Soyuz, “Volve a canción protesta” está composto por nove cancións que se moven entre a enerxía new wave do primeiro sinxelo, que leva o título do disco, a delicadeza pop de cancións como Familia Política e o case punk de Pablo Callejo ou Eiei. As letras seguen sendo pura apoloxía da xuventude, o amor e a frustración, sobre a vida entre amigos que nos dan asco (Case todo é o que parece) e festas que nos deixan a gorxa desfeita (Animal).

+ info: https://www.facebook.com/ohayatollah/

descarga: rider, folla de prensa